O grupo de baile tradicional galego Armadanzas de Laraño foi fundado no ano 2003. A partir de ese ano, o traballo do grupo básase na recuperación de bailes e música tradicional de todo o territorio galego.
Está formado por uns 40 compoñentes, entre bailadores/as, músicos e cantareiras. A finalidade do grupo é facer chegar ao público o baile como algo común na vida dos galegos, apartándose dos estereotipos marcados ata o momento, que sinalan ó baile como algo folclórico so válido para subir a un escenario.
O grupo está dirixido por Edith Cotilla e Gustavo Couto.

|